Entradas

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Imagen
  Pregón da Semana Santa de Tui pronunciado por Xosé María Lores Pérez na capela das Reliquias da Catedral de Tui o domingo 17 de marzo de 2024. PER CRUCEM AD LUCEM        A espranza do mundo é o amor consumido de sede                                        na consumación da crus. A fin suprema do tempo é un estalido de gloria na lus [i] .            Con estes tres versos remata o breve poema “Alfa e Omega” do guitirense Xosé María Díaz Castro. Neles resúmese o que nesta tarde quixera pregoar: a cruz é o camiño para a luz. Vivamos con intensidade a Semana Santa   coa esperanza de saber que, despois das tebras e das bágoas do Venres Santo, chegan os aleluias e o sol sen ocaso do domingo de Resurrección.            Convídoos a facer este tránsito entre as últimas etapas dun Cristo que sofre e agoniza para a nosa redención e a xornada triunfante dun Cristo resucitado, vencedor da morte e do pecado.            E xa que as orixes míticas desta cidade son gregas, percor