jueves, 26 de abril de 2012

A Catedral acolleu as exequias e o enterramento do bispo emérito Mns. Cerviño




Na S.I.Catedral de Tui, tivo lugar o venres 20 de abril, a concelebración eucarística de funeral, - que presidiu o Arcebispo metropolitano da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela , Mons. Julián Barrio-, previa ao enterro de Mons. José Cerviño, Bispo emérito da Diocese, que faleceu o pasado día 18 de abril.

Concelebraron con el os demais bispos residenciais das dioceses galegas, o emérito de Tui-Vigo, Mons. Diéguez Reboredo, o Bispo de Astorga Mons. Camilo Lorenzo Igrexas e os arcebispos de Valladolid Ricardo Blázquez e o emérito José Delicado Baeza xunto co de Tánxer, Mons. Agrelo.


Concelebraron tamén máis dun centenar de sacerdotes desta diocese, de Santiago de Compostela e doutras dioceses galegas e españolas. A numerosos fieis vindos de toda a Diocese acompañáronlles autoridades civís e militares. Mons. Cerviño foi enterrado no lateral esquerdo da capela do Santisimo da Catedral tudense.

Monseñor Cerviño foi o impulsor da creación desta Asociación de Amigos da Catedral tudense que contou sempre co seu apoio decidido ao longo do seu episcopado. Descanse en paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario