Homenaxe a D. Ricardo Garcia polas súas vodas de diamente como presbítero o sábado 22 de setembro


A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA CATEDRAL DE TUI PROMOVE UNHA HOMENAXE A D. RICARDO GARCIA CO GALLO DAS SÚAS VODAS DE DIAMANTE COMO PRESBÍTERO
        

A Asociación de Amigos da Catedral de Tui promove un acto de homenaxe ao cóengo da Catedral tudense, D. Ricardo García Fernández, co gallo das súa vodas de diamante (sesenta anos) como presbítero. Os actos previstos se desenvolverán o vindeiro sábado 22 de setembro e consistirán nunha Eucaristía de acción de gracias na S. I. Catedral de Tui ás 12,00 horas e a continuación un xantar no Restaurante “Zé María” de Valença do Minho.
Namentres que a asistencia á Eucaristía é libre, para participar no xantar cómpre reservar, pois as prazas están limitadas. As reservas pódense retirar na Catedral tudense aboando o importe de 25,00 euros por persoa. As reservas poden efectuarse ata o vindeiro día 16 de setembro de 2012.

D. Ricardo García Fernández (Tui, 1929) foi ordeado como sacerdote o 31 de maio de 1952 no Estadio Montjuic  de Barcelana no acto de clausura do XXXV Congreso Eucarístico Internacional xunto a outros 820 sacerdotes. Completou a súa formación Roma, onde obtivo a licenciatura en Historia da Igrexa, foi profesor no Seminario tudense ata que no ano 1961 foi nomeado párroco de Tui no que se mantivo ao longo de máis de corenta anos. Cóengo  dende 1973, nomeado polo bispo Delicado Baeza, na actualidade dedica centra a súa actividade na atención á Catedral de Tui onde atende ao culto e promove numerosas iniciativas para a revitalización do primeiro templo da diocese.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación