Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2012

"Pulcher Pelagius" exposición conmemorativa do MC aniversario do nacemento de San Paio

Imagen
A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA CATEDRAL ORGANIZA UNA EXPOSICIÓN TEMPORAL NA CATEDRAL DE TUI SOBRE SAN PAIO “Pulcher Pelagius” conmemora o MC aniversario do nacemento deste santo tudense A Asociación de Amigos da Catedral de Tui ten organizado unha exposición que baixo o título de “Pulcher Pelagius” quere conmemorar o MC aniversario deste santo, natural da nosa diocese, que está estreitamente relacionado con templo catedralicio da nosa cidade. Nesta exposición os visitantes poden realizar un percorrido pola traxectoria vital de San Paio a través de diversas pezas artísticas procedentes da propia Catedral tudense. Comeza esta mostra cunha referencia as ascendentes de San Paio, procedente dunha familia relacionada coa alta aristocracia altomedieval galega, reseñando especialmente a figura de dous bispos tudenses parentes de San Paio: San Vimara e Hermoxio. A toma como prisioneiro deste último na batalla de Valdejunquera (Navarra) pola tropas de Abderramán III está na orixe do proc