Presentación do libro "Judíos, Conversos e Inquisición en Tui" de Suso Vila




O vindeiro venres, 1 de marzo, presentarase o novo libro de Suso Vila "Judíos, Conversos e Inquisición en Tui". O acto terá lugar na sala capitular románica do claustro da Catedral de Tui, ás 20h. Ao finalizar a presentación será ofrecido un ágape aos asistentes.
           
"Judíos, Conversos e Inquisición en Tui" é un traballo que busca o recoñecemento do extraordinario patrimonio histórico tudense neste caso centrado na convivencia da comunidade xudea medieval e as actuacións do Santo Oficio na cidade que deixaron un legado aínda conservado na actualidade.

          

Divulgar ese rico pasado axudará tamén a conservalo e valoralo, ademais de repercutir economicamente na cidade tudense.
        
A presente publicación está realizada baixo a iniciativa da S. I. Catedral de Tui, contou coa colaboración do Concello de Tui e o apoio do mesón Jaqueyvi de Tui. Nesta liña, e en paralelo ao libro o mesón, Jaqueyvi editará un folleto turístico sinalando a ruta do patrimonio xudeo na cidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación