Ciclo de conferncias sobre "Relixiosidade popular na historia" do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro

CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE “RELIXIOSIDADE POPULAR NA HISTORIA” ORGANIZADO POR AMIGOS DA CATEDRAL



A  Asociación “Amigos da Catedral de Tui”, en colaboración co Cabido S.I Catedral, o Concello de Tui e a Aula UNED tudense, organiza un ciclo de conferencias titulado “Relixiosidade popular na historia: un diálogo multidisciplinar entre cultura, arte e espiritualidade”. O curso terá lugar do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro e busca achegar ao público en xeral a relixiosidade popular no contexto socio-cultural da comarca do Alto Miño Luso e o Baixo Miño Galaico.

Os poñentes descubrirán aos asistentes as diferentes formas de manifestación desta relixiosidade popular dentro da tradición, a arte e a cultura nas dioceses de Tui e Braga.

O seminario comezará o venres 31 de xaneiro co relatorio “A relixiosidade franciscana no sur de Galicia e norte de Portugal”, a cargo de Mª Dolores Fraga Sampedro profesora titular de Historia do Arte na Universidade de Santiago de Compostela. O sábado 2 de febreiro ás 20h Domingo González Lopo, profesor de Historia na USC, continuará con este percorrido histórico pola relixiosidade popular coa conferencia “Confrarías e relixiosidade popular a beira da raia luso-galaica: as dioceses de Tui e Braga”. A clausura do ciclo, o domingo 2 de febreiro, contará coa participación do historiador tudense Suso Vila impartirá ás 18h a conferencia “As orixes do culto da relixiosidade popular na fronteira do Miño. Os exemplos de San Treçon, San Telmo e Santa María do Camiño”. Á súa finalización, realizarase unha visita guiada aos diferentes elementos da relixiosidade popular na Catedral de Tui, Capela de San Telmo e a Igrexa de Santo Domingos. Todas as coferencias terán lugar na Catedral de Tui.

As xornadas son enteiramente gratuítas e abertas a todo o público. Por outra banda, os asistentes que desexen obter un certificado de participación no curso expedido pola Aula da Uned tudense, deberán formalizar previamente a matrícula, que terá un custe de 10 euros, a través da páxina web www.unedpontevedra.es


Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCIERTO EN LA CATEDRAL DE TUI DEL “IMPERIAL COLLEGE CHAMBER CHOIR” EL PRÓXIMO MARTES 26 DE SEPTIEMBRE

Pieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación

Eduardo Cadenas y Dolores Balseiro distinguidos con la orden pontificia de San Gregorio Magno

Pregón da Semana Santa de Tui do ano 2024 polo profesor Xosé María Lores Pérez

Altar de la Expectación