Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

A Catedral recupera a súa matraca nesta Semana Santa

Imagen
A MATRACA DA CATEDRAL DE TUI SOARA DE NOVO NAS XORNADAS DO XOVES OU VENRES SANTO A Semana Santa tudense continúa enriquecendo o seu acervo, recuperando agora unha tradición interrompida, hai algunhas décadas, o son da matraca substituirá, nas xornadas do xoves e venres santo, o tradicional son das campás da catedral tudense, convocando aos fieis ás celebracións litúrxicas propias destas datas. Poucos lugares conservan unhas manifestacións da Semana Santa tan singulares como Tui. As escenografías relacionadas con antergos dramas ou autos sacramentais como os que podemos contemplar aínda no Sermón do Encontro, coa soberba imaxinería articulada do Cristo caendo coa cruz ou na Dolorosa de Agustín Querol, ou no Sermón do Desencravo coa súa particular carga escenográfica e a posterior procesión do Santo Enterro, organizada polo Concello, e que reunía e reúne ás xentes da nosa contorna e mesmo das terras de Portugal. Sen esquecer algo tan excepcional   como a Horta das Oliveira

XX Ciclo Ibérico de Música Sacra comeza o domingo 6 de abril na Catedral de Tui

Imagen
O VINDEIRO DOMINGO COMEZA O XX CICLO IBÉRICO DE MÚSICA SACRA NA CATEDRAL DE TUI Ás 19,15 horas concerto da Coral Polifónica de Beluso Este ciclo de música acada a súa vixésima edición organizado pola Asociación de Amigos da Catedral de Tui, coa colaboración do Cabido Catedral de Tui, e co patrocinio do Concello de Tui e a Deputación Provincial de Pontevedra. Este ciclo abrangue os seguintes concertos: Día 6 de Abril, 19,15 h. - Catedral Coral Polifónica de Beluso; Dirección   José Ramón Portela Otero Día 04 de Mayo, 20,00 h. - Catedral Coro de Cámara Gli Apasionatti; Dirección:   Nuria Lorenzo López Día 10 de Mayo,   20,00 h. - Claustro de la Catedral de Tui Duo Fado Melinda Becker, Mezzosoprano y Thomas Walsh, Guitarra CORAL POLIFÓNICA DE BELUSO Constitúese de xeito formal o día 25 de abril de 1987, adscribíndose un ano despois á Federación Coral Galega (FE.CO.GA.). Desde a súa pr

O domingo 6 de abril pregón da Semana Santa por M. Alberto Cuevas

Imagen
ESTE DOMINGO 6 DE ABRIL A CATEDRAL ACOLLE O PREGÓN DA SEMANA SANTA TUDENSE Correrá a cargo de Monseñor Alberto Cuevas Fernández Este domingo 6 de abril ás 18,00 horas terá lugar na S. I. Catedral de Tui a lectura do Pregón da Semana Santa tudense, a cargo de Monseñor Alberto Cuevas Fernández, párroco de Nosa Señora da Soidade na cidade de Vigo e delegado diocesano de medios de comunicación social. É unha persoa estreitamente relacionada con Tui, cidade onde cursou os seus estudios eclesiásticos. Autor de numerosos traballos periodísticos, colaborador habitual en varios xornais e emisoras de radio, salienta pola súa especial capacidade de comunicación. Completa o programa deste acto un pequeno concerto a cargo de Manuel Madarnás Pérez (alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Tui) á trompeta acompañado de J. Ramón Rodríguez Carbajal ao piano. A Asociación de Amigos da Catedral de Tui, xuntamente co Cabido Catedral e coa “Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y S