jueves, 3 de abril de 2014

XX Ciclo Ibérico de Música Sacra comeza o domingo 6 de abril na Catedral de Tui




O VINDEIRO DOMINGO COMEZA O XX CICLO IBÉRICO DE MÚSICA SACRA NA CATEDRAL DE TUI
Ás 19,15 horas concerto da Coral Polifónica de Beluso



Este ciclo de música acada a súa vixésima edición organizado pola Asociación de Amigos da Catedral de Tui, coa colaboración do Cabido Catedral de Tui, e co patrocinio do Concello de Tui e a Deputación Provincial de Pontevedra.
Este ciclo abrangue os seguintes concertos:

Día 6 de Abril, 19,15 h. - Catedral
Coral Polifónica de Beluso;
Dirección  José Ramón Portela Otero

Día 04 de Mayo, 20,00 h. - Catedral
Coro de Cámara Gli Apasionatti;
Dirección:  Nuria Lorenzo López

Día 10 de Mayo,  20,00 h. - Claustro de la Catedral de Tui
Duo Fado
Melinda Becker, Mezzosoprano y Thomas Walsh, Guitarra


CORAL POLIFÓNICA DE BELUSO

Constitúese de xeito formal o día 25 de abril de 1987, adscribíndose un ano despois á Federación Coral Galega (FE.CO.GA.).

Desde a súa primeira actuación até hoxe participou en numerosas ocasións en misas solemnes, festivais, encontros e romarías corais en todo o territorio galego, sendo solicitada a súa participación por entidades públicas e privadas. Coma actuacións máis destacadas, cabe sinalar a súa participación no Concurso de Panxoliñas de 1988 organizado por Caixavigo, no que a obra “Noite boa do Nadal” (de Xoán López), interpretada por esta coral, acadou o segundo premio na modalidade de Panxoliñas inéditas.

Asimesmo, participou en dúas ocasións (agosto de 1991 e Setembro de 1992) na misa dominical emitida pola Televisión de Galiza, onde tamén actuou con motivo do I Certamen de Corais de Galiza organizado por esta cadea en 1995. É de destacar a súa participación no concertó de clausura da Semana Cultural Hispano-Arxentina organizada polo Concello de Bueu con motivo da visita a esta vila de D. Fernando de la Rúa (por aquel entonces presidente da República Arxentina).

No ano 2006 participa no Festival Auria Canta en Ourense. O ano seguinte, toma parte no festival “Unha tarde entre amigos” organizado pola Coral Allegro de Vigo. En abril de 2008, participa no certame “Cancións do mundo” organizado pola Coral Máximo Gorki en Vigo. Nos últimos anos participa en intercambios con outros coros da xeografía galega, o que lle permitiu tomar parte en concertos en Ourense, en Ferrol, Lugo, Cedeira, A Estrada, Vigo, Salceda de Caselas, Barbadás, … cabendo destacar a súa visita a Vegadeo (Asturias) da man do Coro Eo Musical.

Máis recentemente, o 27 de abril do 2013, a Coral Polifónica de Beluso ven de acadar o 3º Premio no I Certamen Galego de Corais Vila de Arbo, onde tamén obtivo o Premio a mellor interpretación da obra de Concurso “Linda Flor” (de Francisco Antonio Rey Rivero) o 29 de Decembro dese mismo ano, acadou o 3º Premio no XI Concurso de Corais Catedral de Tui. Asimesmo, ten una relación moi fluida co resto de corais da comarca do Morrazo, cos cales participa en numerosos encontros. Colabora con colectivos locais na organización de encontros corais e na promoción da música coral. Neste sentido cabe destacar tamén a organización por parte desta coral de numerosos en festivais de corais ao longo da súa historia, mantendo na actualidade a organización de dous festivais anuais: ofestival EN CANTO (que se celebra no Nadal) e outro festival incluido na programación da Semana Santa da nosa parroquia.

Na actualidade a Coral Polifónica de Beluso conta con 25 coralistas e a súa dirección artística correspóndelle a José Ramón Portela Otero.





CORAL POLIFÓNICA DE BELUSO
Día 6 de abril, 19,15 H.

PROGRAMA



Laudate nomen Domini.

Weep, o mine eyes.

 Lauda, anima mea, Dominum.

 Ave María.

Gloria Patri.

O quam suavis est.

An Irish blessing.

Tva Amen.


Sanctus.

In Monte Olivetti.

O Jesu Christe.

The Lord bless you and keep you.

Kyrie.

Ain’t got time to die.


Christopher Tye

John Bennet

J. García Blanco

Javier Busto

Julio Domínguez

Albert de Klerk

James E. Moore Jr.

Tomás Luis de Victoria
William Smith

Eugene Butler

Jouzas Naujalis

Jaquet di Mantua

Peter C. Lutkin

Hans Leo Hassler

Hall Johnson


Dirección: José Ramón Portela Otero





1 comentario:

  1. Hola me gustaria saber cuando hay mas conciertos en la caterdral deTui..dejo mi correo electronico por si este no es el medio idoneo para la comunicacion (g.amarelo@yahoo.es) . Gracias

    ResponderEliminar