Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2015

A matraca da Catedral soará de novo nesta Semana Santa

Imagen
A Semana Santa tudense continúa enriquecendo o seu acervo, recuperando agora unha tradición interrompida, hai algunhas décadas, o son da matraca ou carraca substituirá, tamén este ano, o tradicional son das campás da catedral tudense, convocando aos fieis ás celebracións litúrxicas propias destas datas. Recuperada esta tradición o pasado ano logo de 59 anos gracias á colaboración do Concello de Tui e o Cabido da Catedral as vellas rúas tudense acolleran de novo o son adusto, seco e rexo da matraca catedralicia convocándonos á celebración do misterio pascual; o son da matraca catedralicia recolle coa súa acústica unha anterga expresión da sensibilidade destas datas. Segundo o historiador tudense, José Ramón Fernández, a matraca tudense deixou de usarse arredor de 1955 cando o Papa Pío XII cambia a liturxia da Semana Santa desaparecendo o chamado “Oficio de Tebras”. Asi dende a “Gloria” do Xoves Santo ata o “Gloría” do Sabado Santo non se podían usar as campás para chamar aos

Pregón da Semana Santa 2015 - fotos

Imagen
Fotos del acto de lectura do Pregón da Semana Santa de Tui a cargo do Ilmo. Dean do Cabido Catedral de Tui, D. José Dieguez Dieppa, celebrado o pasado domingo 22 de marzo.

Este domingo 22 de abril Pregón da Semana Santa a cargo do Deán da Catedral D. José Dieguez Dieppa

Imagen
Este domingo 22 de abril ás 18,00 horas terá lugar na S. I. Catedral de Tui a lectura do Pregón da Semana Santa tudense, a cargo do Deán – Presidente do Cabido Catedral de Tui, Ilmo. Sr. D. José Dieguez Dieppa. Licenciado en Sagrada liturxia en Roma é, na actualidade, delegado episcopal de liturxia, párroco de Panxón, profesor no Instituto Teolóxico “San José” de Vigo, etc. Entre os varios cargos pastoriais encomendados no pasado salienta o seu quefacer como párroco do santuario de A Franqueira. Completa o programa deste acto un pequeno concerto a cargo de alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Tui. A Asociación de Amigos da Catedral de Tui, xuntamente co Cabido Catedral e coa “Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia” contando coa colaboración do Concello de Tui, impulsan, logo da favorable acollida dos anos anteriores, a celebración deste pregón da Semana Santa tudense co obxectivo de promover e valorizar as celebracións desta xornadas